Os dereitos de propiedade intelectual deste portal son titularidade da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que se reserva a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información aquí contida en calquera momento e sen necesidade de previo aviso.

O uso non autorizado da información e demais elementos deste portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade da Axencia Galega das Industrias Culturais, darán lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan e, no seu caso, ás responsabilidades que se puidesen derivar. O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos e divulgativos.

Os titulares das pezas audiovisuais aquí recollidas –previa autorización asinada por parte dos seus propietarios– ostentan todos os dereitos sobre as súas correspondentes obras, incluídos os de propiedade intelectual, que a lei recoñece ao produtor fonográfico, ao produtor videográfico e ao propietario da obra gravada.

Así mesmo, os propietarios destas obras audiovisuais poden desautorizar a presenza das mesmas neste portal cubrindo o arquivo que se xunta ao final desta páxina. Esta documentación enviarase ao correo electrónico de contacto.

A Agadic non se fai responsable dos danos e dos prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

Tanto o acceso ao portal como o uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade dos usuarios.

A Axencia Galega das Industrias Culturais non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e, a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.

Descargas

Xunta de Galicia